![Bandera](/sites/portalpadernedeallariz/files/styles/wide/public/2024-05/bandera.jpg?itok=ghlJoot-)
Datos do Diario Oficial de Galicia (14 de xullo de 2004). Decreto 152/2004 polo que se aproba a Bandeira do Concello de Paderne de Allariz (Ourense).
O Concello de Paderne considero conveniente organizar correctamente a súa Bandeira municipal para perpetuala coa simboloxía adecuada e conforme ás actuais regras de heráldica. Para iso, de acordo con as facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevo o preceptivo informe histórico-heráldico, coa correspondente representación gráfica, para a súa aprobación definitiva.
A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos Concellos e outras entidades locais corresponde á Comunidade Autónoma Galega, de acordo con a disposto no articulo 27.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia.
O expediente tramitarase de acordo coas normas procesuais establecidas nas leis vixentes. Visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e vista a deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 1 de xullo de dous mil. e catro,
DISPÓN:
Aprobar a Bandeira do Concello de Paderne, como figura no correspondente anexo, organizada da seguinte forma: sobre o pano branco, a figueira en verde e terciado de vermello ao hasta e ao batiente.
INFORME DA COMISIÓN DE HERÁLDICA
En resposta á proposta do Concello de Paderne-Ourense, a Comisión considera oportuno propoñer a súa futura insignia municipal.
Sobre o pano branco podería dispoñerse a figueira ao natural flanqueada ao hasta e ao batiente de dúas tiras de vermello, as cales servirían para lembrar a bordura de gules que figura no Escudo municipal. Coa proposta non se compón exactamente un novo emblema, senón que se traslada o propiamente heráldico, dispoñendo a súa figura principal sobre o centro do pano da Bandeira ou Estandarte, o que é un recurso sempre desexable e preferible a calquera outra opción posible. Descrición: Sobre o pano branco, a figueira ao natural e, terciado de vermello ao hasta e ao batiente.