Núcleos de poboación: Solbeira
O seu patrón é San Salvador.
Web: www.solveira.org e-mail: solveira@solveira.org
Os elementos de interese inclúen:
Igrexa de Solbeira. En 1978, segundo consta na fachada da igrexa barroca de Solbeira de Paderne, construíuse o actual templo, non obstante, a xuízo dos expertos en patrimonio, tanto o retablo maior como algunhas das súas imaxes son de época anterior outro lugar. Fainos pensar, por vestixios descubertos nas últimas obras de restauración, realizadas no retablo maior, que o que hoxe coñecemos como sancristía, podería ser antigamente unha capela de estilo románico para posteriormente ser ampliado ao que hoxe coñecemos como sancristía. Igrexa de Solbeira. A citada capela, segundo o testemuño dos seus veciños, pertenceu ao Conde de Belmonte, cuxo apelido orixinou a denominación da parroquia de Solbeira como Solbeira de Belmonte.
Entorno da igrexa de Solbeira. Área recreativa. O grupo de investigadores da historia da arte ourensá Francisco de Moure concedeu, no ano 2002, o seu premio anual homónimo á parroquia de Solbeira de Paderne polos traballos realizados na restauración da igrexa, varias imaxes e o seu entorno, entre outras múltiples actuacións dirixidas ao coidado e conservación do patrimonio histórico da zona. O galardón ten carácter honorífico e concédese anualmente dende 1998, en recoñecemento a iniciativas en defensa do patrimonio cultural.
Referencia Histórica. No ano 1175, segundo unha reseña de Duro Peña na transcrición documental no 10 da catedral de Ourense, vivía o rei godo das Bermudas. A súa pousada foi a casa Freagundia, máis tarde casa reitoral de Solbeira, derrubada en 1996. No soto sospéitase a existencia de calabozos e salas de tortura propias da época debido aos restos atopados. Atopáronse rastros de que os vendedores o chamaban Vermudus Rex para facilitar a venda. A casa, co paso do tempo, foi utilizada como Hospital de Peregrinos, dada a súa proximidade á Ruta da Prata e aos innumerables camiñantes que durante a Idade Media se achegaban a Santiago de Compostela para gañar o Xubileo.